O apoio á lactación

Crianzas

No faladoiro deste mércores poderemos compartir experiencias e exemplos prácticos co asesoramento da asociación Mámoa, que leva xa 20 anos ofrecendo apoio á lactación: os beneficios que dá o aleitamento materno tanto ás mulleres como ás crianzas, as dificultades que podemos atopar, as posibles solucións…

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior (16 de setembro)

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Para embarazadas ou quen queira ter un bebé e nais lactantes.
Data, hora e lugar: 
Mér, 23/09/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20