O gaiteiro verde
Fundación Legar
Crianzas
Tachán!
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 16. O gaiteiro verde, da Fundación Legar
Obradoiro de confección de instrumentos de música de raíz. As crianzas, xunto coas súas familias, confeccionan 6 instrumentos moi sinxelos. É unha actividade didáctica onde, amais de faceren de lutiers, aprenderán a tocar estes instrumentos: o trique-traque, o peto, a racha, a galla, a curuxa, o nunú, a bembella...
Unha vez que remate o prazo, confirmaremos por correo electrónico. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
Dirixido a :
3 a 6 anos
Data, hora e lugar:
Xov, 16/01/2025 - 18:00
Espazo Apego
Prazas:
30