Apego no mes de xaneiro

Unha raposa, un oso polar e unha curuxa
Crianzas
02/01/2025

Estreamos este 2025 seguindo o ronsel da Estrela do Nadal na cidade de Santiago de Compostela cun mes de xaneiro concienciado co medio e coa natureza do noso territorio.  

No Espazo Apego retomamos as actividades o luns 13, logo da volta á escoliña, elaborando unha receita ben saborosa cunha hortaliza típica da nosa terra, que tamén é un dos ingredientes básicos para realizar algúns dos pratos máis representativos da cociña galega, como o caldo, o pote galego, o cocido e o lacón con... que será?

Todas as actividades propostas se desenvolven con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

A lingua medra 

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; realizaremos unha actividade interxeracional cunha visita especial en Quen vén? e a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 13. Merendolas

Inscrición

Luns 20. Quen vén? A Semente, escolas de ensino galego

Inscrición

Luns 27. Movéndonos con Apego

Inscrición

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 14

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 21

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 28

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 15. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 22. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 29. Imos ao patio

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Tachán!

Dous xoves do mes/ 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 16. O gaiteiro verde, da Fundación Legar (de 3 a 6 anos)

Obradoiro de confección de instrumentos de música de raíz. As crianzas, xunto coas súas familias, confeccionan 6 instrumentos moi sinxelos. É unha actividade didáctica onde, amais de faceren de lutiers, aprenderán a tocar estes instrumentos: o trique-traque, o peto, a racha, a galla, a curuxa, o nunú, a bembella...

Inscrición

Xoves 30. Fíos do querer, Cé Orquestra Fantasma (de 0 a 4 anos)

Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, dos cariños e das fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando o Fíos do querer. Desta experiencia musical e sensorial resulta un envoltorio marabilloso para xogar, cantar e bailar coas crianzas.

Inscrición

Resumo: 

Estreamos este 2025 seguindo o ronsel da Estrela do Nadal na cidade de Santiago de Compostela cun mes de xaneiro concienciado co medio e coa natureza do noso territorio.