Tardes de contos

Imaxe: Vika_Glitter en Pixabay
Crianzas

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios:  de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 26

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 3 anos e de 3 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 26/11/2024 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15