Festa do Apego
O sábado 23 de decembro teremos un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa e para socializarmos co galego como ferramenta e coa música, os contos, o xogo, a danza, o teatro, a maxia, os recursos... como experiencias enriquecedoras. Unha verdadeira festa para rematar o ano!
A programación comeza ás 12 e remata ás 20 h no Auditorio de Galicia (cunha pausa para comer de 14 a 16 h). Haberá espazos para experimentar, como as mostras de recursos, os xogos de Paporrubio e de Brazolinda ou a imprenta tipográfica. Haberá tamén citas artísticas en paralelo para podermos escoller entre moitas opcións e o día pechará cun gran concerto da sempre aclamada Uxía Lambona e a Banda Molona.
A entrada é aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade.
Toda a información aquí