Festa do Apego 2023

Crianzas
23/12/2023


O 23 de decembro teremos un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa e para socializarmos co galego como ferramenta e coa música, os contos, o xogo, a danza, o teatro, a maxia, os recursos... como experiencias enriquecedoras. Unha verdadeira festa para rematar o ano!

A programación comeza ás 12 e remata ás 20 h no Auditorio de Galicia. Haberá espazos para experimentar, como as mostras de recursos, os xogos de Paporrubio e de Brazolinda ou a imprenta tipográfica. Haberá tamén citas artísticas en paralelo para podermos escoller entre moitas opcións e o día pechará cun gran concerto da sempre aclamada Uxía Lambona e a Banda Molona.

A entrada é aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade:

 

Xogos de Mesa. Brazolinda

Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h

Experimentación para toda a familia

 

Recursos para a igualdade. Atlantic Ponte

Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h

Mostra comentada para as persoas adultas

 

Iniciativa Xabarín. A Mesa pola Normalización Lingüística

Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h

Mostra comentada para toda a familia

 

Libros e música. Libraría Couceiro

Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h

Exposición e venda

 

Xogos Paporrubio

Recibidor. De 12 a 14 e de 16 a 19 h

Xogos tradicionais para toda a familia

 

Imprenta tipográfica. Alouette Machine

Recibidor. De 12 a 14 e de 16 a 19 h

Obradoiro continuado. Para +3 anos

 

Argallando desexos. Miudiño

Recibidor. De 12 a 14 e de 16 a 19 h

Obradoiro continuado. Para +3 anos

 

Triscus Beliscus. Rilo e Penadique

Sala Ángel Brage. Dúas sesións: 12 e 12.45 h

Espectáculo escénico e musical. De 0 a 3 anos

 

Carapuchiña e os cinco lobiños. Ángeles Goás

Cafetaría LASSO. 12.30 h

Contos. De 0 a 3 anos

 

Na Casa. Caramuxo Teatro

Sala Ángel Brage. 13.15 h

Teatro escénico. De 1 a 6 anos

 

Baile tradicional. Artur Puga

Zona de exposicións. Dúas sesións: 16.30 e 18 h

Obradoiro para toda a familia

 

A nena e os tres osos. Bea Campos

Cafetaría LASSO. 16.45 h

Contos. A partir de 1 ano

 

Degustación de imposibles. Joshua Kennet

Sala Mozart. 17 h

Maxia para toda a familia

 

Corochas. Atenea García

Cafetaría LASSO. 18 h

Contos. A partir de 1 ano

 

Concerto de Uxía Lambona e a Banda Molona

Sala Ángel Brage. 19 h

Concerto familiar

 

 

Resumo: 

Un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa!