Casa, casiña, casona

Marta Ortiz
Crianzas

Imos visitar casas grandes, diminutas, casas que caben na man, casas-zapato, casas de fío, casas-maleta que viaxan polo mundo…

Espectáculo baseado no asombro e na transmisión do amor a través da palabra, dos primeiros cantos, xogos, cancións, de dedos, trabalinguas, arrolos, poemas… os cimentos da casa que construiremos ao longo da vida, chea de ventás e de portas para descubrirmos o mundo orgullosos de quen somos.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

As prazas son limitadas e confírmanse por correo electrónico unha vez rematado o prazo de inscrición (ás 12 h do día anterior).

En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda.

 

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 05/05/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
25