Con papá
Era unha vez un bebé que pasaba o día co seu pai... Xuntos compartían aventuras pequenas e grandes, pero un día viven unha moi especial. Todo comezou cando a paxariña de papel contou aquel conto que traía agochado: unha xirafa peculiar, dúas tartarugas amorosas, tres porquiños rabiosos, catro mans alteradas e cinco parrulos despistados. Que pasará con tanto animal e mamá sen chegar?
As prazas son limitadas, para gardarmos as medidas de seguridade, e confírmanse por correo electrónico unha vez rematado o prazo de inscrición.
En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara.