Son no berce

A Cova das Letras
Crianzas

A Cova das Letras preséntanos o seu concerto didáctico-sensorial para bebés. A través de pezas musicais orixinais do compositor Manuel Paino, realízase unha viaxe paseniña que percorre cada descuberta que fai o corpo curioso dun bebé. Dende os seus dediños que exploran a natureza, os seus primeiros pasos, que os leva o vento, a sorpresa da auga na súa cariña... até chegar ás vogais e aos fonemas que constrúen e dan vida á lingua. Unha experiencia ben linda para espertar as emocións das crianzas a través dos estímulos sensoriais: a imaxe, as palabras, os tactos diversos, os cheiros e a música.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.

 

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 10/02/2022 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
15