Aguratrat
O xoves, 30 de decembro estamos no Auditorio de Galicia para festexarmos o Apego no comezo do camiño de volta ás clásicas festas de final de ano.
Aguratrat con Pérez&Fernández
Adaptación teatral do libro Esio Trot de Roald Dahl, un dos autores máis lidos da literatura infantil universal. Historia onde sobresaen dous importantes aspectos: o amor entre as persoas maiores e o amor aos animais. Ambos os temas trátanse con delicadeza e humor apoiados nos xogos de palabras, nas tartarugas, nos maiores e nas ideas orixinais e divertidas. Aguratrat é tartaruga ao revés!
Os convites para este espectáculo poden retirarse a partir do 20 de decembro ás 11 h en compostelacultura.gal e no despacho de billetes da Zona C, Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 h e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h.
Recoméndase ler o protocolo de acceso aos espectáculos do Auditorio de Galicia. Pregamos que, como máximo, acuda unha persoa adulta por crianza e que non se retire entrada se non se vai asistir.