Obradoiro de xogos de mesa

Crianzas

NADAL CON APEGO!

Unha tarde de xogos coa creadora Brazolinda para divertírmonos en familia, desenvolvermos a capacidade de observación, de comunicación, de razoamento... a través das adiviñas, as matemáticas ou dos xogos de agudeza visual. 

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara de 6 anos en diante.

Dirixido a : 
Crianzas de 3 a 8 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 28/12/2021 - 17:00
Espazo Apego