Tardes de contos
A lingua sérvenos para contar historias. Diso van as tardes de contos: lemos, contamos, inventamos, escoitamos e traballamos coa literatura oral e escrita para explicar o mundo ou imaxinalo. Cada martes no Espazo Apego dedicamos a tarde aos contos.
Para acudir cómpre inscribirse cubrindo este formulario:
Inscrición para o 21 de decembro
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara de 6 anos en diante.