Nano vai á escola

Nano vai á escola
Crianzas

OS XOVES FUNCIÓN!

Este xoves de función Raquel Queizás trae ao Espazo Apego un dos seus nanocontos! Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura porque, cando se é tan pequeno, ata as cousas máis sinxelas se converten en todo un reto. Desta volta Nano comeza a etapa escolar e é así como vai descubrindo que, desde ese lugar tan diverso, a seguridade de ter personalidade e lingua propia van ser un gran apoio.

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior e remata és 12 h do día da función.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 24/09/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
20