Merendolas!

Crianza merendando sandía na praia
Crianzas

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…

Cada semana o enfoque é diferente e o primeiro luns do mes cocíñase no espazo Merendolas para desenvolver habilidades espertando a curiosidade polo máis próximo: a comida. Desta volta, elaboramos unha receita ben saborosa cunha hortaliza típica da nosa terra, que tamén é un dos ingredientes básicos para a realización dalgúns dos pratos máis representativos da cociña galega, como o caldo, o pote galego, o cocido e o lacón con...  que será?

Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte. Por favor, indicade se existe algunha intolerancia alimentaria que se deba ter en conta.

Luns 13. Merendolas

Inscrición

O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do día anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia, cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 2 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Lun, 13/01/2025 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15