A masaxe e o xogo sensorial

Crianzas

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Neste obradoiro teórico-práctico impartido por Gaia Ecocrianza falarase dos beneficios da masaxe infantil, da importancia do xogo e dos xoguetes seleccionados para poñer ao alcance das crianzas, do movemento libre, da aprendizaxe activa, dos materiais non estruturados… Un feixiño de temas de interese para familias que acaban de ter un bebé ou que o están agardando!

 

Inscrición en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). 

Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e roupa cómoda). Será obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Familias que teñan un bebé de 0 a 8 meses ou que o están agardando.
Data, hora e lugar: 
Mér, 09/09/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
10