Música e ritmo para bebés
UMU_Música e ritmo para bebés
María Move guía a actividade na que os participantes son parte mesma do espectáculo. Dende o círculo, xuntos, creamos o espazo da maxia. Xogamos con instrumentos e sorpresas. E a vida, por un anaco, desenvólvese desde o ritmo, rimas…: a música e o son que crean melodías. Danzamos marcando o pulso da música e mais da pegada do ritmo tras a escoita activa do corpo.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.