Linguaxe plástica e...

Crianzas

PRAZAS ESGOTADAS

Os venres no Espazo Apego dedicámolos aos OBRADOIROS PARA MEDRAR! 

Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza en paquetes mensuais para irmos tratando e afondando en temas de especial interese nas idades máis temperás. Combinamos o seu xogo coa nosa aprendizaxe. Para estas actividades non hai límite no número de persoas adultas por crianza e a inscrición faise a comezo de mes para todas as actividades dos venres.

Os temas deste mes son: A linguaxe plástica e a expresión musical. Os obxectivos: potenciar a expresión artística libre e aprender a empregar a música para contribuír ao benestar das crianzas. Os obradoiros:

  • 9 de abril “Pintamos cos dedos”
  • 16 de abril “Amasamos”
  • 23 de abril “Construímos un instrumento”
  • 30 de abril “Construímos un instrumento”

A inscrición para os venres do mes de abril faise desde o día 1 ao 8 a través do seguinte formulario. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado no xoves previo ao primeiro venres. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.

Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
De 0 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Ven, 09/04/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
17