Lúa triangular

Tachán!
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 27. “Lúa triangular. Nada é imposible”, de Jara Ortiz (de 2 a 6 anos)
Neste espectáculo de contacontos musical, baseado no libro Marta e a píntega da autora Eli Ríos, a nena Marta coñece á píntega Oli e xuntas viaxan ao Mundo dos Contos, ao que, grazas a unha morea de aventuras, transforman nun lugar mellor: máis diverso e máis xusto, onde as princesas dos contos poden ser felices ao crearen e visibilizaren as súas propias historias.
O público participará de maneira activa e creativa a través das cancións coa voz e a percusión de Jara Ortiz, nunha mestura de música e teatro co humor, a literatura e a muiñeira desde a perspectiva de xénero.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.