Feira das sementes
Este xoves hai función!
Feira das Sementes é a feira máis pequena do mundo. Unha feira onde nada se vende, onde as sementes se trocan por outras, por un conto, un refrán, unha canción ou unha adiviña. Un espectáculo participativo onde cantar, bailar e imaxinar!
As prazas son limitadas e confírmanse por correo electrónico unha vez rematado o prazo de inscrición.
En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara.