Fíos do querer

Çé Orquestra Pantasma
Crianzas

Tachán!

Un xoves cada quince días contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Tecendo coas agullas máxicas do amor, dos bicos, dos cariños e das fermosas primeiras experiencias compartidas e celebradas foi medrando os Fíos do querer. Desta experiencia musical e sensorial resulta un envoltorio marabilloso para xogar, cantar e bailar coas crianzas.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 3. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas entre 0 e 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 04/07/2024 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25