Experimentamos

A_lingua_medra
Crianzas

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…

Cada semana o enfoque é diferente e o cuarto luns do mes Experimentamos para promover que o uso do galego se conecte de xeito lúdico e divertido coa ciencia.

Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte:

Luns 28. Experimentamos

Inscrición

O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do venres anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia, cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 2 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Lun, 28/10/2024 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15