Tempo de Samaín no Espazo Apego

Colar de zonchos e follas de carballo
Crianzas
29/10/2024

Durante o mes de novembro no Espazo Apego haberá espectáculos, contos, cociña, experimentos, visita de Dornavela Edicións... Vivimos o Samaín con gargalladas terroríficas!

A proposta de actividades do mes de santos no Espazo Apego ten xa abertos os formularios de inscrición previa. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición. 

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas; a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego; realizaremos unha actividade interxeracional coa visita Dornavela Edicións en Quen vén?; e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres previo á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Luns 4. Merendolas: merenda terrorífica (arañas e momias… xa chega o Samaín!)

Inscrición

Luns 11. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 18. Quen vén? Dornavela Edicións

Inscrición

Luns 25. Experimentamos

Inscrición

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 5

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 12

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 19

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 26

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 6. Xogamos coas palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 13. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 20. Imos ao patio

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 27. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Tachán!

Xoves cada quince días / 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 14. Caldo con unto e ósos de defunto, de Ángeles Goas (de 3 a 6 anos)

Caldo con unto e ósos de defunto é unha sesión de contos para vivos que se acordan de mortos. Contos que queren ser de medo pero que tamén dan risa. Está indicada para valentes e non tan valentes porque entre os sustos tamén haberá algunha que outra gargallada.

Inscrición

Xoves 28. Animais encantados, de Sonsoles Penadique e Carla Cecilia Riquelme (de 6 meses a 4 anos)

Con este espectáculo de música e danza traemos un feixe de animais encantados, que non inventamos para a ocasión: existen na tradición galega, europea e suramericana desde tempos inmemoriais. O que teñen en común estes animais é que todos están dobremente encantados: encantados pola súa maxia e encantados de cantar, bailar, contar e xogar coas crianzas.

Inscrición

Resumo: 

Durante o mes de novembro no Espazo Apego haberá espectáculos, contos, cociña, experimentos, visita de Dornavela Edicións... Vivimos o Samaín con gargalladas terroríficas!