A estimulación musical temperá
Traballar a música, como a lingua materna, fomenta a aprendizaxe dun xeito natural, achegándolles ás crianzas unha experiencia rica tanto no vocabulario como na linguaxe sonora. Nesta obradoiro poderemos ver música empregando materiais inéditos e ferramentas musicais básicas.
Conducido por Leticia Falcón.
O límite de participantes é de 10 neno/as. A inscrición pode facerse desde o mesmo día da semana anterior ata o propio día da actividade ás 12 h. Para facelo cómpre enviar unha mensaxe a dlg@santiagodecompostela.gal na que se indique o nome completo das persoas que queren asistir, a idade das crianzas e un teléfono de contacto. Devolveremos unha mensaxe de confirmación das prazas, que se asignan por orde de entrada das mensaxes.
Debido ás especiais circunstancias sanitarias, ademais da redución de participantes, será obrigado usar máscara para todas as persoas maiores de 6 anos. A entrada farase tamén con distanciamento e medidas de hixienización polo que as persoas que teñan a súa praza confirmada deberán acudir con algúns minutos de antelación (abriremos 20 minutos antes da hora de comezo). No espazo entrarase sen calzado (recomendamos levar calcetíns grosos e roupa cómoda).