Este queixo queixolán

Pavís Pavós
Crianzas

Este queixo queixolán, esta boca pide pan… Unha maleta repleta de contos, cantos, arrolos e xogos recuperados da tradición oral para enriquecer a crianza con recursos lúdicos ben entretidos da man de Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez: Pavís Pavós.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 20. Neste espectáculo non hai límite de persoas adultas acompañantes para fomentar a formación parental. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Dirixido a : 
Familias con crianzas de 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 21/03/2024 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
25