Enredando

Crianzas

Espazo de entretemento activo en que se promove a socialización e a expresión verbal, xestual, corporal… manexando ditos, cancións, xogos, xoguetes...

A inscrición é obrigatoria a través deste FORMULARIO

Unha mesma persoa adulta pode acudir con máis dunha crianza, sempre que poida termar que se manteñan dentro do espazo asignado para garantir as distancias de seguridade entre grupos familiares.

Para poder seguir as normas de seguridade, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades éntrase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos) e será obrigatorio o uso de máscara para as persoas adultas.

Espazo Apego Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado

Dirixido a : 
Nenas e nenos de 2 a 6 anos (acompañados)
Data, hora e lugar: 
Mér, 03/03/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
10