Actividades do Apego para xullo

Crianzas
29/06/2021

O Apego segue medrando... con máis familias, máis recursos e máis actividades...  

A web do programa vai incorporando novos imprimibles, vídeos musicais..., que vos axudarán a enriquecer o mundo dos vosos fillos e fillas na nosa lingua.  Temos mesmo steakers coas emocións de Po que vos podemos enviar por correo (o noso enderezo para pedilos é dlg@santiagodecompostela.gal)

E, por suposto, tamén continúan os programas de actividades durante o verán. No mes de xullo, no Espazo Apego (rúa da República do Salvador, 12 - entresollado), seguiremos todas as tardes de martes a venres con propostas para pasar un tempiño arredor dos contos, a música, as palabras e o xogo. Estade atentas porque temos algunha mudanza no calendario semanal que viñamos mantendo (os obradoiros para medrar pasan aos mércores) para intentar adaptarnos o mellor posible aos intereses das familias.

Vai o resumo:

MARTES. TARDES DE CONTOS (de 0 a 6 anos). Ás 17.30 h

Contos de calquera das maneiras posibles para achegar a cativada á literatura oral e escrita.

Inscrición para o 6 de xullo

Inscrición para o 13 de xullo

Inscrición para o 20 de xullo

Inscrición para o 27 de xullo

 

MÉRCORES. OBRADOIROS PARA MEDRAR (familias con crianzas ata os 6 anos). Ás 17.30 h

Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Tratan de temas de especial interese nas idades máis temperás e combinan a aprendizaxe das persoas adultas con actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.

“A familia: inicio dunha nova andaina”.

Os mércores deste mes afondaremos nas peculiaridades e na cultura interna dos diferentes tipos de educación na familia. Un dos maiores retos é decidir e asumir como imos educar as  nosas crianzas, que valores imos ter en conta e cal vai ser a nosa postura na vida familiar. A observación, a intuición e a coherencia axudarannos a respectar o propio proceso do seu desenvolvemento e responder con máis exactitude ao que precisan.

Para as nenas e nenos:

  • 7 de xullo “Xogamos co xornais”
  • 14 de xullo “Fabricamos sales de cores”
  • 21 de xullo “Pintamos con crema de ovo”
  • 28 de xullo “Facemos masa de pan”

A inscrición das familias para os obradoiros é única para todo o mes neste formulario. No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.

 

XOVES DE FUNCIÓN. Ás 17.30 h

  • 1 de xullo “Arrolos e colos musicais” con Leticia Falcón (de 0 a 4 anos). Traballar a música, así como a lingua primeira, é do máis importante, pois fomenta a aprendizaxe dun xeito natural para achegarlles ás crianzas unha experiencia rica tanto no vocabulario lingüístico como na linguaxe sonora.
  • 8 de xullo “Estimulación musical temperá” con Leticia Falcón (de 0 a 4 anos). A especialista en estimulación musical temperá Leticia Falcón ofrécenos un obradoiro con música en directo para achegar as crianzas á música e á lingua. Neste obradoiro poderase ver a música empregando materiais inéditos e ferramentas musicais básicas.

 

XOVES. ENREDANDO (de 2 a 6 anos) Ás 17.30

Espazo de entretemento activo no que se promove a socialización e a expresión (verbal, xestual, corporal) manexando ditos, cancións, xogos, xoguetes... os xoves que non temos función:

Inscrición para o 15 de xullo

Inscrición para o 22 de xullo

Inscrición para o 29 de xullo

 

VENRES. XOGOS DE PALABRAS (de 3 a 6 anos). Ás 17.30

As palabras son moitas veces a chave do xogo, sérvennos para establecer as normas, animar, interactuar… Imos poñelo en práctica con ditos e cancións para entreternos, coñecérmonos mellor e relacionarnos.

Inscrición para o 2 de xullo

Inscrición para o 9 de xullo

Inscrición para o 16 de xullo

Inscrición para o 23 de xullo

Inscrición para o 30 de xullo

 

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa.

O acceso aos formularios de inscrición atópase en cada apartado desta nova e tamén na sección de actividades desta mesma web (onde se irán publicando semana a semana).  O prazo remata ás 12 h do día anterior a cada actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado unha vez pasada esa hora. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade. 

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Para poder seguir as normas de hixienización o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades éntrase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Resumo: 

Programación e recursos para medrar en galego