A educación emocional
OBRADOIROS PARA MEDRAR
Obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza que se van desenvolvendo ao longo do mes, cunha sesión semanal. Tratan de temas de especial interese nas idades máis temperás e combinan a aprendizaxe das persoas adultas con actividades para a cativada. Para esta actividade non hai límite no número de persoas adultas por crianza para promovermos a educación familiar.
“A educación emocional”
Os venres deste mes afondaremos no mundo das emocións. A intelixencia emocional ten que ver con como unha persoa se sente e controla as súas emocións. A educación emocional vai influír na totalidade da vida dunha persoa e é por iso que na familia ocupa un lugar fundamental. Actividade guiada pola Asociación Antonio Gandoy.
Para as nenas e nenos:
- 5 de novembro. Recoñecer as emocións básicas co reloxo das emocións
- 12 de novembro. Xogos xestuais para recoñecermos as emocións
- 19 de novembro. O medo e os medos á hora e educar
- 26 de novembro. Como afrontamos unha perda?
A inscrición das familias para os obradoiros é única para todo o mes neste formulario. No correo de confirmación indicaranse os sinxelos materiais cos que acudir aos obradoiros.