Derriba da lúa

Derriba da lúa
Crianzas

O xoves hai función coa  música e os contiños de Vero Rilo e Sonsoles Penadique!

“Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: a primeira apagouse e naceu a Lúa, a segunda quedou acesa e naceu o Sol, a terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na terra hai un carballo\No carballo hai un niño No niño hai unha merla que choca tres ovos...” Derriba da lúa é un espectáculo-obradoiro de narración oral e música para arrolar, contar, cantar e xogar xuntas, para soñar e medrar libres coma paxaros, de candeloria a candeloria.

De 0 a 4 anos.

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado. 15701 Santiago de Compostela

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa nesta mesma páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Crianzas de 0 a 4 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 22/04/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
17