Cubo

Elefante Elegante
Crianzas

Nun misterioso cubo de madeira dous personaxes moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló, quere viaxar en busca de novas preguntas e descubrir o mundo enteiro. Cubo é un xogo e un xoguete cheo de fantasía, humor e poesía visual nun espazo teatral para a infancia da compañía Elefante Elegante.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 29. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario e unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Inscrición

COLABORACIÓN DO PROGRAMA FALAREDES DA XUNTA DE GALICIA

Dirixido a : 
Crianzas maiores de 4 anos
Data, hora e lugar: 
Ven, 30/06/2023 - 18:30
CSC de Santa Marta
Prazas: 
150