O Apego en xuño

Viaxamos
Crianzas
31/05/2023

En xuño xa devecemos por facer algunha viaxe… Sabedes que no web do Apego hai un xogo para cando imos en coche e tamén moitos máis recursos? Falta moito? pode servirnos para que os traslados non se fagan tan longos e para pasarmos bos momentos sen pantallas!

A proposta de actividades ordinarias para este mes no Espazo Apego vaise completar cun concerto no mesmo lugar e cunha obra de teatro en colaboración coa Xunta de Galicia no CSC de Santa Marta. Non esquezades inscribirvos!

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e experimentar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente e en dous horarios:  de 17 a 18 h para  0-3 anos e de 18.15  a 19.15 h para 3 a 6 anos. Este mes centrarase a atención na diversidade e no respecto cara ás individualidades das persoas, pois todas e todos somos seres únicos e  irrepetibles, con moitas cousas que compartir e das que aprender.

 

Martes 6. Monstro azul

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 13. Os meus veciños

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 20. Con Tango somos 3

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 27. Elmer

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

 

Mércores 7

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 14

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 21

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 28

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Conssertasso na horta, con Brais das Hortas (+ 3 anos)

Xoves 15 / 18 h / Espazo Apego

Conssertasso na horta é un ha viaxe pola horta musical de Brais das Hortas, polas súas loucuras e polas súas fantasías. Un feixe de personaxes e de cancións de músicas diversas (reggae, ska, punk, hip-hop, rock, soul, trap…) para reivindicar con alegría e amor a vida e a rebeldía da nosa horta.

Inscrición

 

Cubo, con Elefante Elegante (+ 4 anos)

Venres 30 / 18 h / Centro Sociocultural Santa Marta

Nun misterioso cubo de madeira, dous personaxes moi diferentes son quen de vivir en harmonía. Ela é curiosa e decidida, el é tenro e vulnerable. Xogan, divírtense e rin, pero un día ela decide ir máis aló… Cubo é un xogo e un xoguete cheo de fantasía, humor e poesía visual nun espazo teatral para a infancia.

Colaboración do programa Falaredes da Xunta de Galicia

Inscrición

Resumo: 

Un mes para facer unha pequena excursión e para entreternos no Espazo Apego!