Contos no medio do mar

Crianzas

 

Este xoves hai función cos contos de Pavís Pavós!

O 8 de abril os "Contos no medio do mar" de Pavís Pavós traerannos as historias de Rosalino da Moureira, que era un home de mar. O que máis lle gustaba neste mundo eran os barcos, aínda que nunca subira a un. Botaba o día enteiro a velos chegar e marchar. Soñaba coas aventuras que pasarían eses mariñeiros cruzando todos os mares. Un día decidiu cumprir o seu soño. 

A partir de 3 anos.

Espazo Apego. Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado. 15701 Santiago de Compostela

Para poder cumprir as normas de distanciamento, todas as actividades terán un límite reducido de asistentes e precisarán inscrición previa nesta mesma páxina web do Departamento de Lingua Galega do Concello de Santiago. Para anotarse cómpre premer no formulario de inscrición e cubrilo. Os formularios estarán habilitados desde unha semana antes de cada convocatoria ata o día anterior á súa data. As prazas iranse asignando por orde de entrada e confirmaranse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado. En caso de querer anular a inscrición, para facilitar que acuda outra persoa da listaxe de agarda, pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo electrónico habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de quince minutos antes de cada actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos e con roupa cómoda). É obrigatorio o uso de máscara.

Dirixido a : 
Crinazas maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 08/04/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
17