Contos, cantos e mais regalos

Celso Fernández Sanmartín
Crianzas

Contos, cantigas e lendas da tradición oral coas que gozaremos e coas que poderemos ir enchendo a nosa mochila de saberes populares da man do contador Celso Fernández Sanmartín.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.

Dirixido a : 
Crianzas maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 14/10/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
37