Conssertasso na horta

Brais da Hortas
Crianzas

Conssertasso na horta é unha viaxe pola horta musical de Brais das Hortas, polas súas loucuras e polas súas fantasías. Canción a canción, rego a rego, un feixe de personaxes levaranos de excursión polos variados cultivos sonoros deste veterano e ecléctico músico, con cancións de músicas diversas (reggae, ska, punk, hip-hop, rock, soul, trap…) para reivindicar con alegría e amor a vida e a rebeldía da nosa horta.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 29. Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta acompañante. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

Dirixido a : 
Crianzas maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 15/06/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
30