Como axudo a Antón?
Escoitaremos a historia de Antón que, aínda que non o está a pasar moi ben na escola, poderá recibir a nosa axuda a través das reflexións que tiraremos no tempo de debate.
Obradoiro de emocións onde reflexionaremos sobre situacións de acoso escolar e sobre como solucionalas para termos ferramentas ante circunstancias indesexables.
A ilustradora Eva Rieiro complementará a actividade cos lindos trazos que tamén aparecen no libro do mesmo título.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.