Coliño
Coliño é unha obra musical e sensorial dirixida á primeira infancia e ás súas familias onde as crianzas estimulan os sentidos e as emocións. A través de sons, luces, cores e unha coidada posta en escena foméntase o apego coas familias nun espazo de protección e calma xunto con estímulos que fan que descubran o mundo que as rodea.
Coliño é o lugar natural a onde imos desde que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura. Coliño está concibido desde o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.
A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 26. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:
Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.