O Apego en abril

Crianzas
31/03/2023

Cando escampa saen os caracois a pasear. Coidado de non os pisar! A proposta de actividades do mes de abril no Espazo Apego xa está dispoñible e... ademais, unha recomendación literaria para este mes: os contos dos caracois de OQO Editora. Hanvos encantar!

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e experimentar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente e en dous horarios:  de 17 a 18 h para  0-3 anos e de 18.15  a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 11. Unha sopa!

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 18. Verde

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 25. Vai de bechas!

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 12

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 19

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 26

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

Ondamini, con Gloria Mosquera e Diego Maceiras (1 a 6 anos)

Xoves 13 / 18 h / Espazo Apego

Espectáculo no que Mamá Cabra fai un casting musical. Buscan nenas e nenos con enerxía de cabra, ritmo de cabra e moitas, moitísimas ganas de facer a cabra! Cancións para movernos, para bailar e para cantar. Un repertorio interactivo que busca a participación e o xogo coa música.

Inscrición

 

Coliño coa Xanela do Maxín (0 a 3 anos)

Xoves 27 / 18 h / Espazo Apego

Unha obra musical e sensorial para a primeira infancia. Coliño é o lugar natural a onde imos dende que nacemos e que buscamos cando necesitamos seguridade, defensa, protección, consolo, ánimo, calor e quentura. Coliño está concibido desde o apego, as emocións e o vínculo afectivo entre os bebés e a súa contorna.

Inscrición

 

Obradoiros da Semente: “Brincando co corpo: alongamos e relaxamos”

Xoves 20 abril, 4 maio, 1 xuño / 16 h (3 a 6 anos) e 17.30 h (6 a 12 anos) / Espazo Apego

A Semente desenvolve durante os meses de abril, maio e xuño  unha actividade dirixida a tomar conciencia do propio corpo e da respiración para achegármonos á relaxación. Os obradoiros de autocoñecemento do corpo impartidos pola médica de familia Flavia Berrocal apoiaranse no xogo e nos contos para as crianzas máis pequenas e nas posturas, torsións e alongamentos para as máis grandiñas.

Prezo: 30 € (alumnado da Semente e persoas colaboradoras) / 45 € (persoas non colaboradoras)

Inscricións ata o 9 de abril en: https://sementecompostela.com/matricula-cursos/

Resumo: 

Cando escampa saen os caracois...