C@nto contigo

Paco Nogueiras
Crianzas

Paco Nogueiras fainos sacar a lingua a voar cos grandes éxitos dos seus traballos musicais Brinca Vai!, Radio Bule-Bule e Extra! Nos temas que son xa clásicos na música infantil galega hai retrousos e melodías para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. A música e o humor xúntanse nunha festa moi especial onde as crianzas son as protagonistas.

A inscrición estará aberta ata as 12 h do día 10. Para anotarse cómpre cubrir o seguinte formulario:

Inscrición

Unha vez rematado o prazo confirmaremos por correo electrónico.

 

Dirixido a : 
Crianzas maiores de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 11/05/2023 - 18:00
Espazo Apego
Prazas: 
25