Actividades do Apego en maio

Crianzas
27/04/2023

Maio en Compostela é sinónimo de festa! A Ascensión vístenos de roupa nova e sácanos a bailar. Unha proposta para as persoas miúdas amantes dos animais pode ser visitarmos con elas a feira de Amio. Ver os cabalos de preto halles impactar! E para o resto do mes… velaquí as propostas no Espazo Apego.

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e experimentar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente e en dous horarios:  de 17 a 18 h para  0-3 anos e de 18.15  a 19.15 h para 3 a 6 anos. Este mes o tema central vai ser o medo e a importancia de sentírmonos protexidas e comprendidas, de compartirmos tempos en familia e con amizades para xerar apego e amañar os problemas que, ás veces, non o son tanto.

Martes 2. Un gato e os monstros

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 9. Outro monstro!

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 16. En familia

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 23. Cociñamos

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 30. Unha mosca chosca

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 3

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 10

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 24

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 31

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

C@nto contigo, con Paco Nogueiras (+ 3 anos)

Xoves 11 / 18 h / Espazo Apego

Paco Nogueiras fainos sacar a lingua a voar cos grandes éxitos dos seus traballos musicais Brinca Vai!, Radio Bule-Bule e Extra! Nos temas que son xa clásicos na música infantil galega hai retrousos e melodías para participar activamente, bailando sen complexos, acompañando coa voz, coas palmas ou con acenos. A música e o humor xúntanse nunha festa moi especial onde as crianzas son as protagonistas.

Inscrición

 

Trispilistriñas, con Pavís Pavós (0-3 anos)

Xoves 27 / 18 h / Espazo Apego

Tareixa Alonso e Xacobe Rodríguez, Pavís Pavós, teñen unha maleta repleta de contos, cantos, arrolos e xogos recuperados da tradición oral para os bebés e as súas familias.

Trispilistriñas trispilistriñas o que non come non ten barriguiñas,

trispilistrolas trispilistrolas o que non come non ten barrigolas.

Inscrición

 

Resumo: 

Un mes de festa con moito Apego!