Chuches Amil

Crianzas

NADAL CON APEGO!

Fran Amil preséntanos a versión acústica do proxecto musical dedicado a toda a familia cun aceno contemporáneo e na nosa fala: Chuches Amil. Un tesouro musical con vocación de permanencia no tempo e na memoria que achega canción soñadoras, con contos ao revés, monstros que xa non queren asustar, sobre a amizade…

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade.  As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez pechado o prazo. En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis, pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara para maiores de 6 anos.

Dirixido a : 
A partir de 3 anos
Data, hora e lugar: 
Lun, 27/12/2021 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
50