Cantacontos para bebés

Crianzas

Este xoves Pablo Díaz cantará e contará os seus Cantacontos para bebés nunha  viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, onde se tratarán temas e rutinas adaptadas para as crianzas. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión serán as protagonistas e na que grandes e miúdas colaborarán cantando e entoando melodías e retrousos.

 

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (indicar nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comeza ás 00 horas do xoves da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

Dirixido a : 
Familias con crianzas de 0 a 4 anos.
Data, hora e lugar: 
Xov, 17/09/2020 - 17:30
Espazo Apego
Prazas: 
10