Brincadeiras da lingua
Migallas Teatro tráenos un espectáculo que ten como obxectivo dar a coñecer a enorme riqueza e variedade de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia e fomentar a súa práctica entre a cativada e no ámbito familiar. Mediante xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos, ofrécese dun xeito divertido unha escolma dos ditos recollidos na serie de vídeos que leva este mesmo nome “Brincadeiras da lingua”.
As prazas son limitadas, para gardarmos as medidas de seguridade, e confírmanse por correo electrónico unha vez rematado o prazo de inscrición.
En caso de que queden prazas libres, o formulario poderá permanecer aberto un día máis pero é preciso asegurase de que se recibiu a confirmación para poder asistir á actividade.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia pregámosvos que enviedes un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal
Pregamos que nas actividades dirixidas a nenas e nenos acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.
O acceso ao espazo abre uns quince minutos antes de cada actividade. Aconséllase acudir con roupa cómoda e é obrigatorio o uso de máscara.