Arrolos e Os 3 porquiños
Vai ter lugar unha das citas máis especiais do ano para as familias de Compostela! Agardámosvos o 30 de decembro no Auditorio de Galicia na Festiña do Apego! Un elenco de artistas recoñecidos polo público miúdo conformarán os espectáculos que amosan que a riqueza das creacións en lingua galega para as crianzas, que é grande e variada. A proposta da mañá diríxese á cativada máis miúda e vai de música e contos:
12 h: Arrolos de salitre con Faia Díaz e Guillerme Fernández
Os tres porquiños con Migallas Teatro
Dúas actuacións nun mesmo espazo (reserva de entrada única). A música présentana Faia Díaz e Guillerme Fernández nun concerto-obradoiro de cantos de berce onde aprenderemos melodías para arrolar as crianzas con lingua, música e moito, moito apego. O conto vaino pór Bea Campos, de Migallas Teatro, coa súa particular e orixinal historia sobre os tres porquiños.
Os convites para este espectáculo poden retirarse a partir do 20 de decembro ás 11 h en compostelacultura.gal e no despacho de billetes da Zona C, Punto de Información Cultural. Aberto de martes a sábado, de 11 a 14 h e de 16 a 19 h. Domingos de 11 a 14 h.
Recoméndase ler o protocolo de acceso aos espectáculos do Auditorio de Galicia. Pregamos que, como máximo, acuda unha persoa adulta por crianza e que non se retire entrada se non se vai asistir.