Programación de decembro no Espazo Apego

Ano novo, con ben veñas,
como o sol entre as estrelas,
os cabritos coas cabras
e os años coas ovellas
Cantiga de Nadal
Este mes teremos dous días de Merendolas festexar o Nadal. Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas cheas de contos e música con Bandullo Azul o día 4 e con Migallas o 18.
Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.
A lingua medra
Luns / 17 h / Espazo Apego
Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas, a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.
Non esquezades indicar no formulario de inscrición das Merendolas as intolerancias alimentarias.
Luns 1. Merendolas: bonecos de neve e xenxibre
Luns 8. Movéndonos con Apego
Luns 15. Merendolas: árbores de Nadal
Luns 22. Experimentamos
Luns 29. Movéndonos con Apego
Tardes de contos
Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.
Martes 2
Martes 9
Martes 16
Martes 23
Martes 30
Enredando e lingoretando
Mércores / 17 h / Espazo Apego
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.
A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.
Mércores 3. Fabricamos xoguetes
Mércores 10. Imos ao patio
Mércores 17. Xincana de palabras
Tachán!
Dous xoves do mes / 18 h / Espazo Apego
Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 4. “Fazulas, o ladrón de paraugas”, de Bandullo Azul (de 3 a 6 anos)
A viaxe iniciada por Fazulas, o gato persa de dona Adelaida, teima por saber de que cor é o vento. Para dar resposta a ese misterio, Fazulas emprenderá unha fantástica aventura, collido da empuñadura dun paraugas. Unha peza baseada no libro do mesmo nome, que trata de sensibilizar as nenas e nenos sobre temas como a violencia machista ou os conflitos bélicos.
Xoves 18. “Cantacontos de Nadal”, de Migallas Teatro (de 2 a 6 anos)
Espectáculo de contos, cancións, ditos e adiviñas tradicionais e de creación cos que se tratan temas relacionados co Nadal: os contratempos dunha familia que anda a montar a árbore, o belén e as luces; a cuestión dos regalos; as panxoliñas; o tempo de inverno; a solidariedade e a axuda mutua...
Festa do Apego
Cita anual para todas as familias do Apego / 12 - 18 h / Auditorio de Galicia
Anotade a data no voso calendario! Como cada ano, a Festa do Apego encherá de actividades e espectáculos o Auditorio de Galicia con moito apego pola lingua. A entrada é libre ata completar a capacidade. Detallarase a programación en vindeiras datas.
Ano novo, con ben veñas, como o sol entre as estrelas, os cabritos coas cabras e os años coas ovellas.