Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Programación de novembro no Espazo Apego

Novembro
Crianzas
25/10/2025

A MIÑA NENA PEQUENA,

HEINA DE MANDAR Á ESCOLA,

HEILLE DE COMPRAR UN TROMPO,

E MAIS UNHAS CASTAÑOLAS

Cantiga de berce

Este mes teremos dous días de Merendolas terroríficas con vampiros, calacús, momias… para festexar o Samaín. Os xoves de Tachán! traerán dúas propostas cheas de contos e música con Marta Ortiz o día 6 e con Cris Collazo o 20.

Todas as actividades propostas desenvólvense con inscrición previa cubrindo cadanseu formulario. O día anterior sobre as 12 h recibirase un correo coa confirmación da praza, xusto despois de rematar o prazo de inscrición.

A lingua medra

Luns / 17 h / Espazo Apego

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento… Cada semana o enfoque será diferente: cociñarase no espazo Merendolas, a psicomotricidade será a guía en Movéndonos con Apego e a ciencia será a protagonista en Experimentamos. De 17 a 19 h para 2-6 anos. O correo de confirmación da praza neste caso recibirase o venres anterior á actividade, ao rematar o prazo de inscrición.

Non esquezades indicar no formulario de inscrición das Merendolas as intolerancias alimentarias.

Luns 3. Merendolas: vampiros

Inscrición

Luns 10. Movéndonos con Apego

Inscrición

Luns 17. Merendolas: momias

Inscrición

Luns 24. Experimentamos

Inscrición

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor da temática mensual e en dous horarios: de 17 a 18 h para 0 a 3 anos e de 18.15 a 19.15 h para 3 a 6 anos.

Martes 4

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 11

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 18

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 25

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Enredando e lingoretando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.

Mércores 5. Fabricamos xoguetes

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 12. Imos ao patio

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 19. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Mércores 26. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

Tachán!

Dous xoves do mes / 18 h / Espazo Apego

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 6. “Contos, castañas e teas de araña”, de Marta Ortiz (de 2 a 6 anos)

Contos de medo que dan risa. Contos de risa que acaban dando algo de medo. Contos en verso, contos cantados, contos tradicionais e outros inventados para escoitar comendo castañas nunha tarde de outono.

Inscrición

Xoves 20. “Son no berce”, de Cris Collazo (de 0 a 3 anos)

Unha viaxe paseñiña que percorre cada descuberta que fai o corpo curioso de bebé. Dende os seus dediños que exploran a natureza, os seus primeiros pasos, que os leva o vento, a sorpresa da auga na súa cariña... até chegar ás vogais e aos fonemas que constrúen e dan vida á nosa lingua. Espectáculo sensorial para bebés.

Inscrición

Resumo: 

A miña nena pequena, heina de mandar á escola, heille de comprar un trompo e mais unhas castañolas