Nano vai á escola

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.
Xoves 17 de setembro. “Nano vai á escola”, de Raquel Queizás
Nano é unha ra pequena, unha ra que vive cada día unha nova aventura, porque cando se é tan pequena ata as cousas máis sinxelas se converten nun reto. Desta volta, Nano comeza a etapa escolar e descobre que ter personalidade e lingua propia pode ser un gran apoio nesta nova experiencia vital.
O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.
Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.