Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Movéndonos

Tarxetas de psicomotricidade
Crianzas

Os diferentes contextos da vida teñen o seu espazo cada luns arredor do xogo, da experimentación, do coñecemento…

Cada semana o enfoque é diferente e este luns a psicomotricidade é a guía en Movéndonos con Apego para desenvolvermos a capacidade sensitiva, perceptiva, representativa, comunicativa e expresiva mediante a interacción activa do corpo coa súa contorna.

Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte:

Luns 13. Movéndonos con Apego

Inscrición

O prazo de inscrición está aberto ata as 12 h do venres anterior. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerre o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Pregamos que acuda como máximo unha persoa adulta por crianza.

Dirixido a : 
Crianzas de 2 a 6 anos
Data, hora e lugar: 
Lun, 13/10/2025 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15