Hotel Paraíso

Hotel Paraíso_ Compañía Galeatro_Apego Compostela
Crianzas

CONTOS NO PARQUE -  CAMBIO DE LOCALIZACIÓN

Inscrición

Os martes do mes de agosto temos unha cita no parque de Bonaval! As actividades do Apego saen fóra e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h na zona da plataforma dos arcos. Non esquezades traer a mantiña e a merenda que alí estarán os contos, cantos, monicreques... O acceso é aberto e de balde. En caso de choiva consultade as nosas redes.

Este primeiro martes Compañía Galeatro traeranos Hotel Paraíso!

Alba cóntanos a historia do seu avó que traballou de botóns nun hotel moi especial: o Hotel Paraíso. O seu avó tiña un don especial: era capaz de facer feliz a todas as persoas que pasaban por alí. Alba admírao profundamente e quere ser coma el. Por iso presta moita atención a todo o que sucede no hotel, ás historias que se esconden entre os seus corredores e habitacións.

Porque en cada habitación do Hotel Paraíso hai unha emoción agochada: a ira, a alegría, o medo, o asco…Emocións que agardan ser descubertas, escoitadas e contadas.

Dirixido a : 
A partir de 4 anos
Data, hora e lugar: 
Mar, 04/08/2026 - 18:00
Espazo Apego