Hamelín

"Hamelín", de Fran Rei
Crianzas

Contactamos co acervo e a cultura mediante a oferta de espectáculos ou contidos executados por especialistas e en diversos formatos.

Xoves 10 de setembro. “Hamelín”, de Fran Rei

Ratos! Ratos! A cidade de Hamelín está nunha ratatombe! Todos e todas coñecemos a popular historia que aconteceu hai moito tempo na vila alemá de Hamelín, na que un frautista secuestrou os nenos e as nenas da vila en castigo por un engano. Segundo nos contaron, os rapaces e as rapazas seguiron hipnotizados e hipnotizadas ao músico pero, unha nena non sucumbiu ante a música e logrou salvar as crianzas da vila. Que facía tan especial a esta nena? Que era xorda.

Inscrición

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

 

Dirixido a : 
Crianzas entre 3 e 6 anos
Data, hora e lugar: 
Xov, 10/09/2026 - 18:15
Espazo Apego
Prazas: 
30