
FICHA POLO GALEGO
O compromiso do deporte local coa lingua propia
Ficha polo galego! é un programa de sensibilización lingüística deseñado para fomentar e reforzar o uso do galego no ámbito deportivo de Santiago de Compostela.
Este programa do Departamento de Lingua Galega, en colaboración co Departamento de Deportes, quere implicar deportistas, monitorado, directivas e familias para que o noso idioma sexa unha lingua viva tamén nos adestramentos, nas competicións, nas redes sociais e na comunicación do día a día. Porque o idioma tamén constrúe equipo, identidade e comunidade.
O deporte converteuse na actualidade nun espazo de socialización de gran importancia para a colectividade galega, nomeadamente da infancia e da mocidade, por iso cómpre ofrecer referentes e ferramentas para promover o uso do galego neste ámbito, onde a súa presenza é escasa.
Que propón “Ficha polo galego”?
- Reflexionar sobre a importancia do uso da nosa lingua no ámbito do deporte local do noso concello e sobre as inercias que moitas veces funcionan en contra.
- Recoñecer publicamente deportistas e entidades deportivas compostelás que usan o galego e se comprometen coa lingua.
- Organizar accións no ámbito deportivo que promovan uso do galego asociándoo aos valores do deporte: respecto, igualdade, esforzo, compañeirismo.
Como participar?
Nesta primeira fase da campaña, as entidades deportivas e todas as persoas que dun ou doutro modo están relacionadas co deporte local poden comprometerse publicamente co uso da lingua galega a través do formulario #FICHAPOLOGALEGO.
Tamén poden difundir os materiais audiovisuais da campaña e participar das accións colectivas que se vaian promovendo co cancelo #FICHAPOLOGALEGO.
Toda a información e materiais sobre o programa e as accións en marcha están dispoñibles na web do Departamento de Lingua Galega e nas redes sociais do Concello de Santiago de Compostela: imaxes, vídeos, locucións, pulseiras...
Endidades e persoas comprometidas publicamente
Entidade (deporte)
| Atletismo Obradoiro (atletismo) |
| CLUB TRÍATLON COMPOSTELA (tríatlon/atletismo) |
| Noitebra Fútbol Club (fútbol) |
| SUÉVIA Futebol Gaélico (fútbol gaélico) |
| Club de Xadrez Algalia (xadrez) |
| SPORTING SANTIAGO CF (fútbol) |
| VICTORIA FC (fútbol/fútbol sala) |
| Club Atlético Fátima (fútbol/fútbol sala) |
| FEAFES Galicia |
| Club Waterpolo Santiago (waterpolo) |
| CD COMPOSALA (fútbol sala) |
| Club Balonmán Ribadosar (balonmán) |
| Equilátero Club Deportivo (ximnasio para boxeo e cross training) |
| Tríatlon Inforhouse Santiago (tríatlon) |
| SD Compostela (fútbol) |
| Club Hóckey Compostela (hóckey sobre patíns) |
| Monitoraxe da asociación ASPAS |
| San Pedro FC (fútbol) |
| Arteal Tenis de Mesa (tenis de mesa) |
| Escola Judo Club (judo) |
Persoa (condición)
| Miguel Anxo Nogueira Pérez (deportista afeccionado) |
| Andrés del Valle Souto (seareiro) |
| Raquel León Lamela (familiar de deportista) |
| Pablo Leis Uriz (adestrador de Tríatlon Santiago) |
| Juanma Mata (deportista profesional) |
| David Gontán Varela |
Ámbito do deporte local de Santiago de Compostela: entidades deportivas, deportistas individuais, familias, persoas seareiras, persoal técnico