Mensaxe de erro

Notice: Undefined index: localized_options en menu_navigation_links() (liña 1873 de /www/drupal7_santiagodecompostela.gal/www/includes/menu.inc).

Enredando e lingoretando

Mans collidas (Jarmoluk en Pixabay)
Crianzas

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas; para propiciar a interacción, iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata…

A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h.

Para acudir cómpre inscribirse cubrindo o formulario seguinte:

Mércores 19. Xincana de palabras

Inscrición para 0-3

Inscrición para 3-6

 

 

O prazo para anotarse remata ás 12 h do día anterior á actividade. As prazas asígnanse por orde de entrada das inscricións e confírmanse mediante unha mensaxe ao correo electrónico facilitado, unha vez que se cerrou o prazo.

Para anular a praza ou calquera outra incidencia, cómpre enviar un aviso ao noso enderezo habitual: dlg@santiagodecompostela.gal.

Dirixido a : 
Crianzas ata 6 anos
Data, hora e lugar: 
Mér, 19/11/2025 - 17:00
Espazo Apego
Prazas: 
15